martes, 6 de febrero de 2024

ACTIVIDADE CON SCRACHT!!!

 

Esta actividade consiste na creación dun videoxogo, moi sinxelo, no que un

gato intenta atrapar aparellos tecnolóxicos para reciclar.

O alumnado aprende nocións básicas de programación con scracht e, de

forma guiada, programa o videoxogo para o posterior uso.

A actividade está destinada para quinto e sexto.








 A actividade parte de Biblioteca pero en colaboración con Polos, que

elaborou un vídeo das actividades e, ademáis, trata a temática do coidado do

medio ambiente, que todos debemos traballar neste curso. 

VIDEO DE SCRACHT

Debemos engadir que empregamos recursos cedidos polo programa DigiCraft,

programa no que somos centro de referencia.


martes, 16 de enero de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS!!!


 Este ano, a partir de xaneiro, seguimos coas mochilas viaxeiras en infantil e primeiro ciclo de primaria. 

Como ben sabedes chegan á casa os venres e temos que devolvela o xoves seguinte. 




Felices lecturas!!!

miércoles, 10 de enero de 2024

A NOVA IMAXE DE BOELLO!!!

 Despois dun concurso moi reñido xa temos gañadora do concurso de mascotas para a biblio. 

Primeiro agradecer a todos e todas a súa participación, sodes uns artistas!!!



E noraboa á gañadora, a partir de agora o seu debuxo será a imaxe que represente a nosa biblioteca. 






jueves, 2 de noviembre de 2023

24 de Outubro

 O 24 de Outubro celébrase o día das Bibliotecas Escolares. Este ano quixemos celebralo dunha forma especial, para dar a coñecer o noso novo espazo. En colaboración con Polos Creativos fixemos moreas de actividades para todo o alumnado do centro. 

    Comezamos polo alumnado máis pequeno, os nenos e nenas de Ed.Infantil, 1° e 2° de primaria.  A partir do conto "A montaña de libros máis alta do mundo" , crearon a súa propia montaña e desfrutaron de diversas propostas de xogo. 

O alumnado de infantil gozou de diversos xogos, mentres que o alumnado de 1° e 2° levou a cabo actividades de robótica dirixidas polos  nenos e nenas de 6° de primaria que son colaboradores do Equipo de Biblioteca. 














Logo seguimos co segundo ciclo, 3° e 4° de primaria. Neste caso a proposta era diferente, o alumnado chega ao espazo e atópase cunha caixa encadeada chea de contos. Para conseguilos teñen que superar unha serie de retos. Só así conseguirán a chave necesaria!!!.






Ahora só nos queda ver que bonitas propostas nos ofrecen os maiores para a NOVA MASCOTA DA BIBLIO!!!
Estamos desexando coñecelas!!!



miércoles, 18 de octubre de 2023

COMEZANDO UNHA NOVA VIAXE 2023-2024

Neste curso, o tema da biblioteca será o coidado do medio ambiente completando o proxecto iniciado o curso pasado.

Ademáis, este ano temos un novo espazo de Biblioteca e Polos Creativos. O noso alumnado colaborador de 5° e 6° foron os elixidos para inaugurar este espazo coa seguinte actividade.






Na semana do 2 de outubro, realizouse a visita das clases ao novo espazo, para darlles a coñecer o gran concurso, para actualizar o aspecto da mascota da Biblio.
Presentamos o espazo, explicamos a personaxe de Boello e deixámoslles tempo para a súa proposta de actualización.
Antes do 20 de Outubro teremos o resultado final.
👏👏👏👏👏


jueves, 29 de junio de 2023

     OLGA, BOA VIAXE FERMOSA XOANIÑA!!!

Olga, a nosa querida coordinadora do Equipo da Biblioteca remata a súa andaina no noso centro educativo para iniciar unha nova viaxe educativa cargada de novas vivencias enriquecedoras mil por mil. A súa nova etapa profesional e vital sabemos que estará acompasada coa lectura de milleiros de libros e máis libros que son o seu combustible para ter sempre a enerxía necesaria para intentar  facer realidade o seu marabilloso soño de transmitir a súa paixón pola lectura as novas xeracións porque ela sabe que no mundo da lectura habita a liberdade do ser humano.

Querida Olga

Olga, a nosa vanguardista coordinadora do Equipo da Biblioteca sempre moi atenta está a todas as innovacións educativas e tecnolóxicas que nacen neste noso mundo educativo para formarse, renovarse e ser así ese marabilloso motor de cambio que impulsa ao noso alumnado a descubrir novas posibilidades de crecemento persoal porque ela sabe que no mundo da innovación reside a esperanza das persoas.

Olga vanguardista

Olga, a nosa intelixente coordinadora do Equipo da Biblioteca foi esa máxica persoa que me animou e me impulsou a facer máis grande o meu minúsculo proxecto inicial da DiverCapacidade para conseguir convertelo nun xigantesco proxecto global do noso centro educativo no que todo o profesorado, alumnado e persoal non docente coñecemos, comprendemos e interiorizamos que todas as persoas temos Limits que debemos intentar facer cada día máis pequenos e Powers que debemos conseguir facer cada día máis grandes porque ela sabe que no mundo da inclusión vive a luminosidade da humanidade.

Intelixente Olga

Olga, en cada recuncho do noso Centro Educativo, da nosa Biblioteca e do noso corazón a túa esencia profesional e persoal permanecerá para sempre pero agora como a fermosa xoaniña que es tes que voar porque a túa querida alma intelixentemente vangardista necesita explorar novos mundos para seguir soñando neste teu máxico universo da educación.

Olga Esencia

BOA VIAXE FERMOSA XOANIÑA!!!

Olga Xoaniña

Ceci Music & Icía Power

Boello & Equipo da Biblioteca Escolar

domingo, 25 de junio de 2023

       ICÍA POWER & CATIVADA 4º VIVEN UNHA AGARIMOSA AVENTURA MUSICAL!!!

O venres 16 de xuño deste ano académico que está a piques de rematar, Icía Power acompañada pola súa inseparable Tati e a súa intrépida Ceci viviu unha inclusiva aventura agarimosa con toda a cativada de 4º do noso centro educativo baixo o arco de cores musicais máis lindo do mundo mundial.

O inicio da sesión comezou en libre movemento corporal ao ritmo dunha desas cancións que fan que movas o teu esqueleto sen pensar e perdas a noción do transcorrer do tempo. Este máxico intre musical invitounos a saudarnos coas diferentes partes do corpo propostas para reforzar a mensaxe que a súa compi Icía quixo ensinarlles ao longo deste ano: "Para comunicar non é necesario falar".









Ao remate de tan marchosa actividade musical necesitabamos un intre de calma que aproveitamos para ir dicindo os nosos nomes dun xeito ritmicamente improvisado con diferentes instrumentos musicais escolares e algún que outro trebello que sempre é un éxito entre toda a nosa cativada musical.









Tras este breve sosego, os nosos esqueletos necesitaban poñerse outra vez a bailar ao ritmo dunha nova canción desas que polas súas emotivas vibracións rítmicas se quedan ancoradas nos nosos corazóns e nas nosas mentes dende ese segundo cero no que aparecen para inundar de felicidade as nosas vidas por un breve instante fugaz. Cada vez que as vibracións desta canción cesaban, este par de tres animamos a nosa cativada de cuarto a darse mil apertas agarimosas porque con esta máxica unión a mil bandas, as positivas vibracións musicais sempre nos acompañarán na senda da nosa DiverCapacidade.














Chegou ese intre no que toda a cativada por quenllas foi capaz de con moita calmiña esperar a recibir o saúdo da súa compi Icía para estable eses invisibles fíos agarimosos que sempre unirán a toda a cativada de cuarto coa nosa intrépida aventureira Icía.













Finalmente, mandámonos un fantástico baile divertido finalis para celebrar un ano ben enriquecedor para tutti a cativada de cuarto e para tutti o profesorado que se achegou a vivir con gran intensidade agarimosa cada unha das nosas aventuras no mundo da DiverCapacidade de Icía.




A maxia do destino tiña agochada unha linda sorpresa a modo de visita con diploma, orla e banda de graduación como agasallo do profesorado e da cativada de sexto para destacar que Icía volve unha vez máis a graduarse en superación, empatía e agarimo a esgalla mil por mil.


Graciñas mil a tutti de todo corazón por axudarnos e acompañarnos en cada unha das nosas intrépidas aventuras e ser pasiño a pasiño máis persoas lindas soñando cun mundo cheíño da máis fermosa e variada DiverCapacidade persoal e sideral.




Ceci Music & Icía Power & Tati Sunny

Boello & Equipo da Biblioteca Escolar